Benvidas ao Club de Letras do IES Sofía Casanova.
Neste blog iremos publicando os materiais utilizados nas nosas actividades e tentaremos poñervos ao día de todo o que imos facendo.
As últimas novas desde o noso blog
Comezamos: Proxecto coidado
Durante este curso pretendemos desenvolver o proxecto “Coidado” co obxectivo de analizar a situación que estamos vivindo pretendendo mellorar o mundo que nos rodea. Iremos publicando aquí o material para desenvolver as actividades deste proxecto. Comezamos! Podedes consultar tamén as indicacións para a primeira actividade na seguinte ligazón:

Carlomagno
Rematamos a publicación dalgúns dos traballos de investigación realizados polo alumnado que participou nesta actividade do Club de Letras. Neste caso rematamos cun emperador: Carlomagno.

Rodrigo Díaz de Vivar
De novo alguén relacionado coa guerra foi elixido como obxecto dunha investigación realizada polos estudantes, neste caso Rodrigo Díaz de Vivar. Nesta ligazón podedes consultar o resultado da investigación.