Comezamos: Proxecto coidado
Durante este curso pretendemos desenvolver o proxecto “Coidado” co obxectivo de analizar a situación que estamos vivindo pretendendo mellorar o mundo que nos rodea. Iremos publicando aquí o material para desenvolver as actividades deste proxecto. Comezamos! Podedes consultar tamén as indicacións para a primeira actividade na seguinte ligazón:

Carlomagno
Rematamos a publicación dalgúns dos traballos de investigación realizados polo alumnado que participou nesta actividade do Club de Letras. Neste caso rematamos cun emperador: Carlomagno.

Rodrigo Díaz de Vivar
De novo alguén relacionado coa guerra foi elixido como obxecto dunha investigación realizada polos estudantes, neste caso Rodrigo Díaz de Vivar. Nesta ligazón podedes consultar o resultado da investigación.

Atila
Outro dos personaxes elixidos para a realización dunha investigación histórica relacionado coa guerra foi Atila. Aquí podedes consultar o resultado do traballo realizado.

Almanzor
As características dos personaxes históricos elixidos polos alumnos para facer as súas investigacións foi moi variada, case tanto como os motivos que tiveron para seleccionalos. Nesta presentación podedes ver o traballo realizado sobre Almanzor.

Christine de Pizan
Outra das mulleres seleccionadas para a realización dos traballos de investigación feitos polos alumnos é Christine de Pizan, aquí podedes consultar a presentación sobre a súa biografía.

Urraca de León
Retomamos a publicación dos traballos de investigación realizados polo alumnado durante a etapa final do curso pasado. Neste caso podedes consultar a investigación realizada sobre a raíña Dona Urraca.
Traballos de investigación: Napoleón Bonaparte
Outra das personaxes que espertaron o interese dos estudantes para realizar unha investigación biográfica foi Napoléon Bonaparte. Clicando na imaxe pódese consultar a investigación feita por Marcelo Fernández Varela.

Traballos de investigación: Teodora
Seguimos presentando os traballos de investigación feitos durante estes meses de confinamento. Unha das personaxes favoritas foi a emperatriz Teodora, a súa vida e o seu carácter atraeu a uns cantos estudantes que quixeron coñecela mellor. Estes son dous dos traballos froito das súas investigacións:
Ricardo Corazón de León
Traballo de investigación feito por Álex Armán Vilariño, do curso 2ºESO C (do centro IES Sofía Casanova), na materia de xeografía e historia. Este traballo trata da vida de Ricardo I de Inglaterra, máis coñecido como Ricardo Corazón de León, unha importante personaxe na súa época. Enmarcado nun contorno de crecemento e guerras, foi oSeguir lendo “Ricardo Corazón de León”
Cargando…
Something went wrong. Please refresh the page and/or try again.
Follow My Blog
Get new content delivered directly to your inbox.